Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

14 mar 2011

Auga de lúa

No meu paseo noctámbulo busco a orografía do teu corpo,
ao non atopala tento acudir á astroloxía,
por se hai algo nas alturas que poda informarme
e vago coa vista posta no firmamento.

Auga de lúa que en metade da miña noite
golpea o vidro cego da miña memoria,
desvanecendo os meus soños.

Auga de luz que afoga o meu pensamento
suxeitándoo ao cabeceiro da miña cama,
cristal nocturno que se opaca
vulnerado polas sombras.

Auga de lúa que coma se foran as súas bágoas,
caen enriba da miña cara e branquean as charcas,
iluminando a miña mente con recordos
das túas noites molladas.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Que fermosas palabras deisaches nestes versos.
A "auga de lúa" como a súa claridade, sempre demoucan sons valeiros e cheos de xeo. Mais, aí está enchendo de bágos e de lembranzas poemas e libros.
Preciosas miradas, preciosos recordos.
Bicos.

Unknown dijo...

Moitas grazas Ana, celebro que che parezan fermosas as palabras vertidas nos meus versos, que vexas preciosas as miradas e os recordos e que che guste a auga de lúa.

Bicos

Concha L. F. dijo...

A Lúa ten a rara facultade de inspirar palabras coma estas, pois no medio da noite é a única luz que pode iluminar os corazóns escurecidos polas sombras.

Un saúdo.

Unknown dijo...

Tes razón Concha, a lúa é a máis axeitada para facelo.

Bicos