Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

12/01/2012

Cristaliños de Swarovski



Ese ano que fuxe agochado

nas sombras da tristura,

lévase o amor dunha muller

feiticeira chea de galanura,

cuns olliños coma cristais de Swarovski

e unha voz melosa, agarimosa.

Pro a indiferenza murchou

toda flor de primavera desnortada.

Cavilou que iríalle mellor unha viaxe

que aturarme a min e deixoume

anclado no meu presente

sen posibilidade de albiscar o futuro con ela.

11/12/2011

Haikus

Outono



O vento brúa

na baleira figueira,

non torna a roupa.



Decembro obriga,

sen follas e sen landras

quedou o carballo.



Xunto ao camiño

abateuse unha arbore,

cruza o destino




Ilustración copiada de Imágenes de otoño, en Internet

08/12/2011

Froito de cerna

Froito da conversa que tivemos,

pariches un razoamento

que foi crecendo,

cando comprendín

que era certo.



Eu son meu soamente

e ninguén me ten,

porque non me quere.



De primeiras asolagoume

e nada canto facía tiña xeito,

mais logo fun sacando

a faciana cara arriba

e chapuzando aínda

no meu desconcerto,

sentín latexar o meu peito,

enchéndome de savia nova,

ata a derradeira rama.





A ilustración é copia de Dibujos de árboles para colorear de Internet

01/12/2011

Pasamento dun sen teito




Fuches deixando

que as cordas que tiñas coa familia,

afrouxaran ata perderse no espazo tempo,

e ben pensado,

xa nada te unía ao mundo,

decidiches entón que as necesidades do corpo

administrábalas ti,

así comías cando che petaba

e durmías no primeiro cuberto no que podías

meter o saco.

Vivías ao carón do que che daban,

acochando a mirada no alcohol de cartón,

envellecendo ese corpo de home aínda mozo,

apto para o traballo pola idade pero inadecuado

polo gastado e desfeito,

fuxiches da xente que che daba ordes,

dos que che dicían como e cando tiñas que facer

isto ou aquilo,

dos que querían terte preto para controlarte.

Realmente sempre fuches coma un can sen dono,

desconfiando da man dos humanos

e disposto a saír correndo se a movían cara a ti.

Realmente non deixaches de ser o pequeno

que espera que súa nai o durma no berce,

ou nese saco no que semellas aniñarte.

15/11/2011

Espinelas do rincón do Macondo.

Estou preto dos poetas,
inanimado sen fala,
facéndome oco na sala.
Notable o mesmo cas letras,
mais que non sempre discretas,
postas nos beizos Diversos,
que non so derraman versos
nas súas sesións matinais.
Ben sabido que xamáis,
tornaranse moi dispersos.

Desde o meu posto ben vexo
que é o que len estes vates,
que dos textos fan debates
sen deixar dubida algunha,
resumindo o dito nunha
acta e memoria do día,
que describe a maioría
do que aquí fan estes bardos,
que xuntos e sen encargos
gozan dun café a porfía.

09/11/2011


Onte a noite soñei co sol do teu sorriso


e unha calor pendurou nos meus beizos a flor da ledicia,

nin imaxinarte podes comprender o meu gozo,

atopei un intre de felicidade, mais …

ao espertar e notar a túa falta,

nuboeiros cheos de auga bateáronme a face.

23/09/2011

Sentimento



Liberado de ataduras compartidas,
con este corpo de invernos enquistados,
busquei para darche floracións,
atopando sazonado no teu
un arco da vella de sabores que me enche,
unha paisaxe familiar que me abraia,
un gozo que excede o humano,
para enterrarse na profundidade dos soños,
aqueles nos que a un delátalle o sorriso.

É cruzando o deserto cando a súa area,
non chega para encher tanto reloxo,
e as estrelas tan luminosas e tan fermosas
non che dan a posibilidade de contalas,
pero recreado nese paraxe nocturno,
é cando doume conta da dimensión
dese entrañable sentimento que atesouras,
é nesa soidade onde recoñezo
o cariño que envorcas na miña humilde persoa.

16/09/2011

Ben levado sempre

Ben levado sempre fun e coidadiño
que non sempre me trataron con reparo,
non hai queixa de como foi o noso trato,
mais fun perdendo eu sempre do meu lado.

Ben levado pola conta que me tiña,
sempre andando cara min, ao meu tellado,
e non hai unha perda máis sentida
co que ten cada un ao seu coidado.

Ben levado dicían de min as mulleriñas
aquelas que sempre me amolaron,
as mesmas que dicían que eran mociñas
a pesares dos anos que pasaron.

Ben levado ata a familia de min dicía
cando facían o que acordaran,
e como xa todo tiñan feito, sen malicia,
amosábanme o que tiñan acabado.

Ben levado, madia leva!

29/07/2011

¡Qué camiño tan difícil!

Estás de ferruxe emporcallada,
mergullada nesa auga
que traen os ríos da túa historia,
fluíndo sempre coma un manancial,
pero xa na metade da corrente,
mentres cara a beira deixache
á lama dos rumores da envexa,
coa auga case parada dos silencios
e eludindo todo iso,
no mesmo vértice da canle,
vas batendo cos cantos rodados
das equivocacións.

Aquí á pedra deixou á pegada
do paso precipitado e insistente
e máis alá es ti quen turra
contra os seixos da indiferenza.

A calma do remanso ou os meandros
da paz de espírito quedan lonxe aínda.

19/07/2011

¡Qué traballo ten á lúa!

Á lúa cre que por ser á raíña da noite,
todo ó ve ca súa cara branca,
pero os amantes esconden ó seu amor entre as arbores.

Cre que coa súa altura dominante,
nada escapa ao seu control,
mais os namorados ganduxan corazóns tras os enreixados.

Á lúa quere ver que ai tras os beixos
e vixía silente toda á noite,
pero so ve o lombo dos amadores.

Conta á lúa e reconta as xentes que se acochan tras as sombras,
dise para ela, - están todos ben atopados –
mais cando flúe ó amor, unha brétema lle empana á vista.

O seu traballo na quenda da noite á deixa esgotada,
cando ó acaba vaise pensando nos misterios que deixa sen descubrir,
porque deseguida chega á alborada.