Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

22 sept 2012

Nómade




Erguese sempre 

co sorriso nos beizos, 

coa luminosidade do novo día.


A súa equipaxe está permanentemente feita e a man,

por se debe cambiar a orientación dos seus pasos.


Non precisa moitos cartos,

nin cargarse de débedas, recordos,

nin obxectos superfluos,

vive o presente,

o futuro sorprendelle e alédao cada mañá.


Os seus ollos son da cor do ceo,

no seu horizonte non hai outra cousa.


Coñece cada palmo da terra pisada

coma cidadán do mundo,

recórreo de punta a punta

sen atopar fronteiras 

e aí é onde vive.


Entendese con todos,

coma todos poden entendelo facilmente,

seus irmáns do norte, 

son coma os do sur aínda que teñan a pel máis clara.

Mulleres




Mulleres, todas me feriron…

e amáronme todas…

eu tamén as amei,

¡diaños, e cómo as amei!

¿acaso debo votarme a culpa por iso?

¿merezo castigo por elo?

se cadra sí, por non ter en conta as consecuencias,

por confiar nunha igualdade de nobreza,

por crelas de corazón nobre,

quizais non fun coma elas esperaban…

de calquera xeito,

seguramente non esperamos o suficiente,

nin elas, nin eu.