Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

22 sept 2012

Mulleres




Mulleres, todas me feriron…

e amáronme todas…

eu tamén as amei,

¡diaños, e cómo as amei!

¿acaso debo votarme a culpa por iso?

¿merezo castigo por elo?

se cadra sí, por non ter en conta as consecuencias,

por confiar nunha igualdade de nobreza,

por crelas de corazón nobre,

quizais non fun coma elas esperaban…

de calquera xeito,

seguramente non esperamos o suficiente,

nin elas, nin eu.

2 comentarios:

fonsilleda dijo...

Se cadra foi iso o que aconteceu. Nin ti mereces castigo e é posible que elas tampouco.
Hai que amarrar os intres nos que todo foi amor.
Fermoso.

Unknown dijo...

Ben, tampouco fagas moito caso…, so é un pensamento no momento de plasmalo aquí, así saíu e coma non ia moi descamiñado, deixeino.
Graciñas polo teu paso con ese bon comentario.

Bicos