Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

1 jul 2012

Cansos das farsas




Estamos cheos de horror,
debullando medo sen velo xeito
dun amaño tan sequera a nivel local,
cunha crise inventada e colocada
por xente sen escrúpulo ningún,
xente sen educación moral,
aos que tanto lle ten o dano que fan,
e os dirixentes que pretenden pescar troitas
neste río revolto da política económica,
non miran tampouco de salvar os mobles
do pouco que queda a rentes dos cidadáns.

Deste xeito o persoal transita entre o paro
e o traballo fortuíto que con moita sorte,
pode aparecerlle a alguén.

Familias enteiras viven da caridade,
os enfermos por medo a ter que pagar
as menciñas co escaso carto que aínda teñen,
prefiren  curar con medios naturais ou morrer,
a maioría rexeita formar parte das
interminables listas de espera.

As garderías e colexios infantís quedarán desertas
ao non poder sufragar os gastos.

Esta é a imaxe que un renegado desta terra,
da do seu pais polo mundo adiante,
inútil, ignorante, larchán, coma un feirante,
vai vendendo o que non ten noutros países co escoitan.

 

A promesa do vals




O inverno cru non se fixo esperar,
mais coa túa presenza non podía notalo.
Aquel  mes de xaneiro era moi especial,
en Viena séguese bailando o vals
e os nosos sentidos máis hábiles que os nosos pes,
voaban cara ao escenario do palacio,
alí practicamos tal coma habíamos ensaiado.
Era imposible parar a danza das nosas mans
e a música? parece que aínda está soando
escoitala, meu amor? esquece os setenta anos,
estás nova e fermosa e teus pes deslízanse no espazo.

Oh, qué ben tarareas, segue, prefiro escoitarte!
e notase tan cálido o teu alento na caluga …
non, non cerres os ollos aínda, ese maquillaxe quedache perfecto
pero se queres descansa, non é preciso bailar todas as pezas,
eu seguirei por ti tarareando, tarararará, rará, rara …




Imaxe copiada de Imaxes de Internet.