Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 mar 2013

Es un anxo?



Teño calosidade nos ollos de tanto mirarte
e as pálpebras semellan estar fixas
por non perder ningún detalle teu.

Mesmo con coñecer de memoria a túa silueta,
gústame percorrela coa vista ao contraluz,
pois esa figuriña que tes tenme encantado
e babeo coma un bobo cada vez que te teño diante,
so volvo en min cando me falas
e aínda que me gusta escoitarte,
relaxo a visión co teu contorno.

As veces paréceme ver as nas túas costas
e penso que certamente es un anxo,
pois so un ser así pode facer tanto ben aos demais
sen pensar nel
e síntome privilexiado por coñecerte.

O terrorista do verso

Levo un tempo encabuxado
por mor de non ter comunicación contigo.
 
As veces síntome tan violento,
que penso en volverme terrorista da palabra,
e poñerte bombas de letras que estalen ao teu paso
e que caian ao chan compoñendo frases e versos,
que debuxen a túa face sen beizos e coas cellas ergueitas.
 
As veces síntome tan orfo da túa consideración,
que penso inmolarme co lume de vocábulos ardentes,
ou poñerme con unha pancarta na que diga,
que non me dis nada e que me tes deixado da voz.
 
As veces síntome tan lonxe da túa vontade,
que ocorréseme facerche camiños de linguaxe,
para que che sexa máis fácil tomalos e achegarte a min.