Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

24 jun 2015

Orballo



Qué  pode tranquilizarme máis que ti.
Reláxasme de tal forma que cun sorriso

podo enfrontar os meus problemas,

chegas tan silencioso que non te escoito

e nembargante déixaste notar deseguida,

asumo a túa presenza permitindo que me invadas,

que me enchas,

a sabendas de que debo alongarme de ti

e tan só cando esvaras por riba de min,

cando empapas as miñas roupas,

déixote para eliminar os teus restos do corpo.

Porque ti, orballo que fecundas as terras,

que mollas sen facerme dano,

es parte do lenzo que mostra a miña terra,

es o frescor da miña face que evita as bágoas,

es a auga que acaricia,

a que convida a lavar as estatuas,

capaz de chamar ao sol, como pedindo perdón,

por levar a calma a os humanos.