Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

7 mar 2009

Pensamentos que o vento arrefría


Esculpidos no vento van os trinos dos paxaros,
aqueles que alumearon o noso amor de primavera,
os mesmos que danzaron entre arrolos o seu cortexo,
xuntaban seus picos, buscaban ramiñas para seus niños.

Recordo esas imaxes a pesares de que o vento aprema,
podo oír o seu canto cheo de luz e colorido,
aínda cando ti non estás aquí e o inverno brúa,
a paisaxe vestida coa súa roupaxe branca, cégame.

Nos nacarados outeiros podo ver o teu nome escrito,
é aquel que arredouse contigo para non volver,
o que se quedou afundido en cada poro da miña pel,
os beizos cítano de xeito inconsciente sen o meu permiso.