Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

7 mar. 2009

Pensamentos que o vento arrefría


Esculpidos no vento van os trinos dos paxaros,
aqueles que alumearon o noso amor de primavera,
os mesmos que danzaron entre arrolos o seu cortexo,
xuntaban seus picos, buscaban ramiñas para seus niños.

Recordo esas imaxes a pesares de que o vento aprema,
podo oír o seu canto cheo de luz e colorido,
aínda cando ti non estás aquí e o inverno brúa,
a paisaxe vestida coa súa roupaxe branca, cégame.

Nos nacarados outeiros podo ver o teu nome escrito,
é aquel que arredouse contigo para non volver,
o que se quedou afundido en cada poro da miña pel,
os beizos cítano de xeito inconsciente sen o meu permiso.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Coido que son versos tristeiros, son faladuras de inverno. Paixases escuros que arrefían a ánima.
Bicos.

Balteu dijo...

De certo que a ser así, entón cando cambie o tempo, axiña cambiarei eu tamén.
Graciñas por pasares por aquí compañeira e deixar a túa pegada.

Un acio de bicos.

Dante dijo...

Volvo coincidir no que dixen no teu outro espazo. Pero das dúas, quedo con esta. Gústame escoitar e ler a lingua galega. Dobre gusto lela. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

E que a lingua galega é máis melosa, máis poética.
Graciñas Dante, é un pracer grande ver as túas verbas acompañando as miñas letras.

Unha aperta, compañeiro.