Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

4 mar. 2009

A mirada

¿Onde mirades meus ollos?
¿meus ollos onde mirades?
¡mirade onde ai que ollar!
cara adiante e sen vagar.

¿Onde mirades, traidores?
¡meus ollos, mirades lonxe!
cando o tempo ante vos pasa,
e non tentades de velo.

¿Onde mirades desleais?
¿seica vedes moito máis,
que o que rexe todo esto?
¡mirade en redor, e, presto!

Que para votarse a andar,
sen poñer sempre mal xesto,
con un pe diante e outro atrás,
ai que mirar con moito xeito.

Decídeme se o que vedes,
e tan grato que o resto…
parece que non é nada,
de cheos que estades de iso.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

¡En galego precioso!, non ten que ver co castelán. E ben curiosa a difefenza de ler en calquera das duas linguas.
Así e fermoso, actual, de agora mesmo. Gustoume moito,
Recibe por o tanto un acio de admiración.

Balteu dijo...

Tes razón, a min gústame mais en galego, e de feito fíxena así e logo traducina, pero nótase a diferenza.
Alégrome moito de que che gustara e agradézoche que segas léndome e comentando tan ben, é unha ledicia ler os teus comentarios.

Un acio de bicos para ti.

Dante dijo...

Como che dixese, os ollos son os primeiros en levarnos a perder a cabeza. Pero ás veces é imposible dicir non cando a destinataria o merece. Excelente poema. Expresivo e con ritmo. é un gusto lelo. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

É certo, moitas veces son os culpable de que perdamos a cabeza, pero sempre son os primeiros en decatarse do que vale a pena.
Celebro que che guste.
Grazas por lerme e por deixar este comentario tan amábel, xa sabes que son unha ledicia para mín.

Unha aperta.