Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

23 feb. 2009

Na procura


Percorro camiños e corredoiras,
concas, montes, aldeas,
miro nos ríos e mares,
asexo as xentes que pasan,
por ver si é algunha de elas.

Busco a súa imaxe e os seus cariños,
busco os seus ollos e seu mirar,
degoiro tanto esas delicias,
que a miña ánima sofre se ela non está,
busco no fondo tela preto,
para querela cada día máis,
e non me esgoto nesta busca,
pois sei que un día a ei de atopar,
será xornada abraiante de ledicia,
de doce encanto, chea de paz.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

O que é certo e abraiante e a maneira que tes de ir a procura dos poemas, o que dis e o que nos din eles.
Fermoso
Acio de bicos

Balteu dijo...

Non o traballo moito, paisana, case sempre son arroutadas do órgano que latexa no peito, sen a intervención da escola organizadora dos miolos.
É unha ledicia moi grande para min, que che guste.
Graciñas por ser tan boa compañeira e por estar sempre aí.

Un acio de bicos.

Froiliuba dijo...

Que bonito es un poema en galego, aunque me cueste un ... entenderlo, pero al tercer intento lo leo perfectamente y sobre todo capto la musicalidad que tiene.
No sé cómo gente de cabeza plan dice que el galego es un idioma feo, claro que viendo quien lo ha dicho...

en fin, que no la busques`por los bosques, que está en Madrid :-P

bicos

Balteu dijo...

¡A qué sí! Dilo bien alto, a quien lo pueda oír. No hay que discutir compañera, el que dijo que no se hizo la miel para la boca del asno, por algo lo diría.
Gracias por pasarte por aquí y dejarme tan buen comentario.

Un racimo de bicos para ti.

Dante dijo...

E é nesa procura onde se produce o encontro, compañeiro. Nos sentimentos que se perciben a través desoutros ollos. Por iso estes versos cheos de esperanza, farán que as ansias de atopala cheguen a bo porto. Foi un gusto novamente pasar polas túas letras. Deixo un abrazo.


Aproveito e déixoche outro devandito, "Deus dá pan a quen non ten dentes". Na miña terra, crisol de razas, aferrámonos en moitos casos, como o meu, a unha lingua materna herdada como o galego desexando desde o máis fondo que fose nosa e non unha herdanza. Vostedes que a teñen, os que a valoran, teñen sobradas razóns para estar orgullosos dela, e quen non o sentan así, non saben o que se perden.

Balteu dijo...

Quizais Dante, teñas algunha razón no que dis na primeira parte do teu comentario, oxalá así sexa.
No que dis na segunda parte, estou ben certo, que a tes toda, e estou abraiado, por ver que ademais de coñecer a miña lingua nai, tamén saibas dos refráns ou frases feitas. Quero que saibas que agradézoche moito as túas verbas, sempre animosas e cheas de cariño pra miña humilde persoa, e que é un privilexio para min, poder entendernos neste fermoso idioma a pesares da gran distancia que nos separa.

Unha aperta, amigo meu.