Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

16 mar. 2009

Elixo deixarme levar



Entre os soños mutilados,
de doces encantos vellos,
que quedaron postergados,
polo empuxe doutros novos,
descansa a alma tranquila,
recreando o sentimento,
esquecendo xa o añexo…

Elixir deixarse levar…
pola maxia dos sentidos,
polo camiño inalterable
que traza con amor a túa mirada,
polo xesto das túas mans,
ou quizais pola esencia sutil
que desprenden as túas verbas,
hipnotizado, ou encantado,
trasposto, ou namorado,
coma nun conto de fadas.

Deixándose levar coa mente,
preñada de imaxinarios encontros,
de miradas cómplices de desexo,
de caricias sen límite de nada,
de bicos roubados en cita
de noite solapada ao alba.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Coido que fas ben deixándote levar, todos temos necesidade de soños.
E, mais, cando como, neste intre, nas tuas verbas, son tan fermosos
Dos acios de bicos

Balteu dijo...

Moitas grazas paisana, tentarei de cumprir o que din os versos, aínda que non é sinxelo.
É unha ledicia grande para min que che gusten as miñas verbas.

Un acio de bicos para ti.

Dante dijo...

A mente adoita facernos eses xogos. Lévannos a vivir os nosos desexos máis profundos con toda a paixón que se poida. Como non deixarse levar entón? Boa elección, compañeiro. A mellor sen dúbidas. Foi un gusto pasar polas túas letras. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

É unha ledicia grande atoparte por aquí compañeiro de letras, lendo as miñas e deixándome as túas sempre certas.
Unha aperta amigo meu.