Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

19 feb. 2011

Aínda encontro as verbas

Deixei a idade das aventuras,
vivo no ciclo da regresión, da tolerancia,
da aceptación sen condicións
e non quero camiñar pola era do esquecemento.

Fun unha árbore verde de folla caduca,
as miñas ramas sempre imploraban ao ceo,
abrigadas con moitas follas cheas de poemas,
as raíces recibían do entorno as palabras
necesarias para alimentarme.

Agora semiseco polo tempo transcorrido,
busco nas arterias os versos adecuados
que me permitan subsistir
e cruzar as portas das estacións,
a pesares dos outonos que rouban a miña vestimenta.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

É moi posible que sea a natureza de moitos de nos co paso dos anos, co paso da vida, co curso dos outonos un tras outro.
Agora, nin te vexo semiseco nin estou tampoco eu.
Rebélome.
As árbores de folla caduca cadran ven con estes invernos tan ruines.´
Eusebio, é precioso, a pesares da fuxida da "idade das aventuras".
Bicos

Balteu dijo...

Seguramente tes razón Ana, e farás ben en rebelarte, pero eu cada vez teño menos ganas de rebelarme.
Alédome moito de que che guste e agradézoche que segas a ler os meus versos e que me deixes as túas verbas pelexonas.

Un acio de bicos.

Concha López Fernández dijo...

O tempo asenta todo aquilo que ten que asentar. Ata as follas do outono. Pero seguimos gozando das humidades, diferentes ás anteriores e de diferente maneira. Quizais é que sabemos que temos que agardar pacientemente a que o que hoxe é caduco, mañá reverdece.
E sempre suceden aventuras. Cada día é unha aventura diferente.

Moi bos versos.


Un saúdo.

Balteu dijo...

Cada un fala por se mesmo Concha, e eu evidentemente non podo facelo por ti, pode ser que sexa como ti dis e polo que cadre, non me chegara aínda a min ou que de momento non tiven esa paciencia que ti moi ben apuntas.
De calquera xeito, moitas grazas por lerme e poñerme as túas animosas palabras e alédome de que che gustaran meus versos.

Bicos

Maribel-bel dijo...

Sempre nos queda a palabra, como canta Paco Ibáñez i eso fainos estar vivos, sen prescripción médica só por sentir. Un biquiño jrande.

Balteu dijo...

Tes razón Maribel, sempre nos queda a palabra.
Moitas grazas por acompañarme nos meus versos.

Bicos