Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

10 feb 2011

Teño que dicirche adeus

Viches perlar os meus ollos sen inmutarte
tal vez notaches a creba na miña voz,
a emoción contida naquel instante.

Sentín que perdía a vida ao despedirme,
nada será o mesmo sen a túa presenza,
non volverei ter o teu sorriso que xa non será meu,
nin sentirei a túa ledicia enriba da miña pel,
non volverei a querer a ninguén como te quixen a ti,
nin pecharei meus brazos sobre outro corpo,
porque a túa imaxe teño gravada a lume
e xa para sempre estará comigo.

8 comentarios:

EL AVE PEREGRINA dijo...

Balteu,añoranza, tristura...reflexas nesta entrada, mais o amor como todo... ten un dereito e un envés...sempre temos que estar preparados...a vida, é un cambio constante de circunstancias...

Unha aperta.

Unknown dijo...

Se cadra tes razón, pero cando doe…
Graciñas polas túas palabras animosas.

Bicos

Concha L. F. dijo...

Na miña crenza de que nada é para sempre, agás a esencia que permanece no máis fondo nós, logo de que unha historia remata, son desas persoas que non dubidan en prepararse para a seguinte, pois a tristura non dura sempre, ni pode, ou acabaría por arrastrarnos con ela.
E nunca se volve querer da mesma maneira, porque cada ser é único, pero é necesario aprender, aínda con dor, a gozar doutras maneiras de amar.

Unha aperta.

fonsilleda dijo...

Fermosos versos de perda.
"tal vez notaches a creba na miña voz", é unha frase notable, síntese na pel, arreguiza o ser.
Os adeus sempre son dolorosos e a perda do querer ainda é moito peor.
A vida que malla nun.
Eusebio, precioso.
Bicos.

Unknown dijo...

Tes razón no que dis Concha,pero levar a teoría a práctica, non é tan sinxelo, compre que o tempo axude a votar terra enriba do asunto pra axudalo a esquencer.
Graciñas polas túas palabras reflexivas e alentadoras.

Bicos

Unknown dijo...

Alédome de que che guste Ana. As perdas cando son pra sempre, definitivas, doen e resulta incomprensible non volver a atopar o perdido, so o tempo axuda a facerse a idea.

Bicos

Maribel-bel dijo...

A imaxen perdurará porque vai acompañada o sentimento(que en ti non está rematado), pero pensa no seguinte novo amor que te encherá cando máis o necesites. Biquiños agarimosos

Unknown dijo...

Son coma un frasco de perfume Maribel, mentres non se baleire de todo, non admite outra esencia.
Graciñas polos teus comentarios sempre tan animosos.

Bicos