Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

1 feb. 2011

Se eu soubera de isto

Se eu soubera de isto,
faría un poema
que quedara na túa memoria,
un poema que ao recordalo,
saberías canto che quero.

Se eu soubera de isto,
pintaría un cadro
coa miña voz e as miñas letras,
para que as cores,
mantivérante alto o ánimo.

Se eu soubera de isto,
unhas caricias debuxaría,
que ao velas as sentiras
por todo o teu corpo e os bicos
navegarían polo ar buscándose.
¡Ai, se eu soubera de isto!

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Deisáchesme co sorriso posto.
A cotío os desexos fanse certos e, noutros intres, valen pra manter o maxín quedo, engaiolado, ocupado e ata ledo.
Se eu soubera tanto...
Bicos

Balteu dijo...

Alédome do teu sorriso.
Tes moita razón e de calquera xeito ¡quen soubera de isto, para facer certos os desexos! Verdade?
Graciñas polas túas palabras.

Un acio de bicos pra ti.

Concha López Fernández dijo...

Saber sabes. Moito e moi ben. Pintas moi ben coas palabras. Dá gusto lelas!

Un saúdo.

Balteu dijo...

Non che sei Concha, non sei, pintar pinto da mesma maneira que sinto, pero non abonda.
Graciñas por agasallarme con parte do teu tempo e animarme coas túas palabras.