Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

25 ene. 2011

Nunha noite coma esta

Tecín estes versos coa auga da acuarela,
son escravos doutros anteriores
que eran froitos de soños espertos,
de promesas baldeiras, de espellos convexos.

O urdido que aquí vou formando,
leva as cores das mentes dos meus compañeiros,
eles tamén agardaron o día de costas ao amencer,
pero como as súas ilusións restadas,
a xeada foi endurecendo as follas caídas.

Escoitamos o doce canto do paxaro,
as notas claras e concisas do seu coidador,
tiñamos asumido que non sempre é primavera,
pero desexabamos gromos novos.

Agora tocarás outra canción para acomodarme,
que soará donda e ao mesmo tempo leda,
que me fará soñar sen me durmir.

Déixame lembrar sen rozarme o corazón,
déixame coa miña saudade.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Coas acuarelas fanse moi bos cuadros e ti, con elas e mais coas palabras, conseguiche todo un fermoso poema.
"Deixame coa miña saudade" tamén.
Bicos.

Maribel-bel dijo...

Déixame lerte, entrar na túa saudade (tan concurrida)escoitarte, remexerme en tí e volver a pousarte nas túas letras. En silencio. Como ti desexes. Biquiños(sen esperar nada)

Balteu dijo...

Graciñas Ana, é un poema dedicado a un paxaro cantor, o seu non o fai mal, pero non é moi cumpridor.

Bicos

Balteu dijo...

Ben, non é nada fácil o que dis Maribel, pero como non esperas nada a cambio, deixareiche a porta aberta.
Moitas grazas por deixarme esas palabras doces e gratas.

Bicos

Concha López Fernández dijo...

A saudade é algo que se sinte desde dentro, en silencio, pero que escapa prendida nas cores das acuarelas... Nas palabras tecidas neste poema.

Un saúdo.

Balteu dijo...

Concha, como xa lle dixen a Ana, é un poema dedicado a un mestre de poesía que sempre promete e promete, pero que lle costa moito cumprir, é un paxaro cantor de doce voz pero que deixa moito que desexar.
Moitas Grazas polas túas palabras, sentidas e xenerosas.

Bicos