Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

12 dic. 2010

Noite na alma

Non me quedan nin esperanzas,
nin soños, na miña almofada,
so acompáñame ó escuro
onde as veces chega como a penumbra
unha claridade afastada familiar,
coma se na brétema unha feble luz
a cortara en chegando a min
e as pálpebras que ata entón pesaban,
ergueranse e por entre as pestanas
algo de claridade me chegara,
pero o frío...
¡ai, xa non o saco da alma!

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

É ben triste o poema, pero au mesmo tempo cheo de doce. É como bisbásemos cheos de dor e os que nos oisen somentes oiran son de gaita con zanfona.
Ben bonito a pesare de todo.
Bicos.

Balteu dijo...

Non se pode negar Ana, o poema é tristeiro pero alédame que o vexas como dis. Din co pan con música é máis gustoso.
Graciñas por seguir léndome.

Un acio de bicos pra ti.

Concha López Fernández dijo...

É un fermoso poema e a sensación que describes non me é allea.
De todas formas, esa raiola de luz que se cola polas néboas, sempre trae algo de calorciño. Atrápao!

Un saúdo.

Maribel-bel dijo...

Un apertiña, en silencio. Non deixamos de caer continuamente pero sempre rexurdimos con máis luz e alegría, medramos na tristeza. Un bico

Balteu dijo...

Graciñas pola túa visita Concha, e polo comentario animoso que me fas.
Alédame que che gustara.

Un cordial saúdo.

Balteu dijo...

Así é Maribel, mais, ai que seguir cara adiante.
Graciñas por vires ata o meu recuncho e deixarme a túa pegada.

Bicos

Conchi dijo...

Fermoso e triste poema. A sensación de perda pon frío na alma.Coñezo ben esa friaxe, por iso che presto a miña man de amiga para acender unha candeiña que poña calor no teu inverno.

Balteu dijo...

Ola Conchi, agradezo que atoparas un oco para achegarte as miñas letras e me deixes esa candeíña que me quente unha miga.

Bicos