Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

29 mar. 2011

Aínda así

Son a noite que persigue a túa estrela,
o raio azul que entrando pola túa fiestra
tenta de durmirte,
a inquietude que aniña na túa mente,
a preocupación de ser así ou non ser
por se a lei non o permite.
Son o que busca o teu sorriso coma se fora
un manancial de auga clara,
o que acaricia o teu soño para que broten
rosas na túa face.
O que quixera ter a calidez da túa alma,
o que desminte ao tempo, cando te miro,
o que te operou de ostracismo.
Son a rotundidade dos teus senos
cando queres que se che note decidida
a dar ese paso adiante.
Iso e moito máis son, con tal de estar ao teu lado.

6 comentarios:

Concha López Fernández dijo...

Fermosas palabras que expresan un fondo sentimento de dedicación e entrega á persoa amada...

fonsilleda dijo...

"o que te operou de ostracismo", non vexo millor maneira de amar, pra atopar o sorriso o rosas na face.
Bicos.

Balteu dijo...

Moitas grazas Concha, alédome de que o vexas así, as túas palabras axúdanme a seguir escribindo.

Bicos

Balteu dijo...

Graciñas Ana, por entresacar os versos que máis chaman a túa atención do meu poema, que tamén son os que máis me gustan.

Bicos

Maribel-bel dijo...

Con todo o que tes, entregas e ximes buscando a felicidade de outra persoa, estás mostrándote como eres, gratificante e expléndido en sentimento. Unha aperta (espero que sepan sentirte).

Balteu dijo...

Non hai quen me sinta Maribel, e case seguro que teñas razón no que dis, pero non me queda outra e vértome en palabras.

Bicos