Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

5 nov 2010

Logo…pecharei as pálpebras


Deixádeme só con ela,
quero acompañala ata o solpor,
ata que a derradeira area quede seca na súa praia,
ela máis eu acochados por riba do leito dos recordos,
lembrando os capítulos pasaxeiros do pasado.

Sempre fomos cómplices viaxeiros do destino,
ela sabe máis que ninguén o que a pena me causa,
acéptame entre os seus brazos ata que a luz se disípa
e as pálpebras esgotan a súa ración de sal e amargura.

Está no meu pensamento atenta a que non se perda,
nin esvaeza nos recordos da miña mente,
porque ela máis eu coñecemos a historia dos nosos males
e arrolamos o seirón dos nosos soños na intimidade,
deixádeme só con ela, deixádeme só coa miña nostalxia.

6 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Unha historia de amor, cómplices. A nostalxia non deixa de ser unha forma de revisarnos interiormente e chorar para aliviar-nos e se poñan os ollos máis bonitos. Apertiñas

fonsilleda dijo...

Penso que este poema, non sei si reflexa o teu sentimento, é un berro a prol de esa lembranza que esvaece na pel.
É moi fermoso queridiño. De verdade, fermoso.
Bicos.

Unknown dijo...

Pois seguramente tes razón Maribel.
Graciñas por pasarte polas miñas letras e deixarme tan fermoso comentario.


Bicos

Unknown dijo...

Ana, sempre van os meus sentimentos aínda que eu non queira.
Alédome de que che guste e graciñas polo comentario do berro.


Un acio de bicos pra ti.

Concha L. F. dijo...

Non digo nada, agás ca deixarte coa túa nostalxia. Aínda que a nostalxia e a lembranza non son sinónimos, pois pódese lembrar con ledicia, sen que o sentimento de nostalxia nos invada.
Son ben fermosos os teus versos. Gústame lerte.

Un saúdo.

Unknown dijo...

Tes razón Concha, non son sinónimos, pero a nostalxia, leva implícita a lembranza.
Alédome moito de que che parezan fermosos os meus versos e que che guste lerme e agradezo moito as túas palabras no comentario.

Saúdos cordiais.