Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

1 nov 2010

Porque non son Penélope (aínda que as veces pareza)


Estou cheo de tecer verbas,
buscando quen as comprenda,
de arar versos esperando o froito da sembra,
de esculpir poemas para as mans,
que en véndoas permanezan abertas
e para as retortas mentes
dos non crédulos.

Mais, se cadra se leran crerían,
que os versos flúen libremente,
que se encaixan sos coma nun puzle,
que xa estaban escritos,
antes de aparecer no meu maxín.

Estou farto de zurcir poesía obsoleta,
que por vella xa caducou,
de cambiarlle os versos que riman
por outros que sen iso digan o mesmo,
con igual sentimento.

O sentimento,
tamén hei cambiar o sentimento?
pois non, o sentimento é o mesmo.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Menos mal que deixas o sentimento.
De calquer xeito eu disfruto con teus tecidos e retortos versos.
Pero tamén o fago cando soan vellos.
Xa o sabes.
Bicos.

Unknown dijo...

Graciñas Ana,pola túa benevolencia coas miñas letras agradézocho.

Bicos

Había unha vez. dijo...

Gústame moito como escribes, estiven a ler ás túas entradas e esta é unha das que máis me gustan =)

Unknown dijo...

Benvida compañeira Antía, espero que non sexa a última visita que lle fas a miñas letras, pola miña parte agradézoche a presenza e alédome de que che gusten meus poemas.
Graciñas.