Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

30 oct 2010

Ao amor dun perfume

Rosa de traizoeira roseira,
que me fires co teu recendo,
na alma que se namora
desa cor que ti tes.

Os puñais afiados
nas follas verdescentes,
deixan regueiros de sangre
ao querer tentar teu talle
ameigado pola túa beleza.

Quedo prendido no teu ramaxe
seducido de amor afumado.

6 comentarios:

EL AVE PEREGRINA dijo...

As rosas sempre nos deixan esa adorable fragancia que nos desperta e fainos mais complacentes, de ahí que a rosa é símbolo do amor.

Unha aperta Balteau.

Concha L. F. dijo...

Tan delicada é que namora, pero mancan as espiñas coas que se protexe...

Fermosas palabras dedicadas a unha flor.

Un saúdo.

fonsilleda dijo...

Por iso son mais de camelias que teñen menos perigo: tanta variedade, milleiros de formas, centos de cores e sen apenas cheiro algún.
Ben bonito e intenso.
Bicos.

Unknown dijo...

Neste caso Ave peregrina, é unha metáfora, pois algunhas mulleres tamén deixan recendo pero firen coma espiñas de roseira.
Graciñas polo teu comentario.

Bicos

Unknown dijo...

Sí é certo Concha,como algunhas mulleres.
Moitas grazas polo teu comenterio.

Bicos

Unknown dijo...

Cada flor paisana ten o seu, a camelia é efímera, deseguida lle caen os pétalos e coma ti dis non ten recendo, tamén hai mulleres que son como a camelia. :)
Graciñas polo teu comentario.

Bicos