Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

6 oct 2010

Sabes ti?


Non sei porque te quero,
se te esqueceche das túas promesas,
se non lembras que foi aquelo
do que falamos en tanto tempo.

Non sei porque te quero,
se non me nomeas xa nos teus versos,
dubido e sufro cos teus silencios,
qué é ó que pasa que non te vexo?

Non sei porque te quero,
se nunca estás cando eu pretendo
estar contigo, ter os teus bicos,
mirar os teus ollos aínda que estean lonxe.

Non sei porque te quero,
se nin sequera sei si un alleo
te ten toda, en alma e corpo,
e ao meu todo o enche o medo.

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

Eu tampouco cho sei.
E ben dificil o que cuestionas tan ben, de forma tan xeitosa que esquezo o que preguntas. É mellor así, quedar cos aloumiños do son das letras encadeadas.
Bicos.

EL AVE PEREGRINA dijo...

Os amores que calan
gardan tódolos feitos...
lembran gratas palabras
agás... que sopre o vento...
os amores que calan
lévanse de primeiros...

Unha grata poesía chea de saúdade...

Un bico amigo.

Unknown dijo...

Son preguntas internas onde as respostas terían que estar case sabidas, pero nestas cuestións, non ai nada sabido e deseguido aparecen estas interrogantes que queren limpar dúbidas e case nunca o conseguen.
Moitas grazas por me ler e comentar paisana.

Un acio de bicos pra ti

Unknown dijo...

Moitas grazas por ese poemiña tan xeitoso Ave peregrina, tamén agradezo a túa lectura e alédome moito de que che pareza grata a miña poesía.

Bicos

Concha L. F. dijo...

E difícil chegar a saber por que se quere a alguén, pero aínda o é máis chegar a saber por que se deixa de querer.

Gustoume moito.

Bicos.

Unknown dijo...

Seguro que se buscamos respostas, atópanse Concha, non digo que sexa doado, so que o que busca sempre atopa, quizais non coincida co que o outro pensa, que iso xa é moito máis difícil.
Graciñas por vires as miñas letras e comentarme coas túas. Alédome moito de que che gustara o poema.

Bicos

Maribel-bel dijo...

Na esencia do non saber, encóntranse todos os nosos crecementos, imos poñendo nome o que non entendemos, medrando. Gustoume moito o teu poema, coma sempre. Biquiños

Unknown dijo...

Graciñas Maribel, tes razón, imos poñendo nome ao que non coñecemos, máis medrar, penso que o facemos cando comezamos a entender.
Agradézoche moito o teu paso polas miñas letras e o teu comentario e alédome moito ao saber que che gusta.

Bicos