Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

16 jun 2009

Coa complicidade da Lúa

Volvín a faciana cara a flor do ceo
cando estaba á procura do teu corpo,
e pareceume ver nela un aceno de complicidade
cando pousei a man na túa nádega,
escondéndose logo tras unha nube
ao poñerche o meu bico no teu beixo nacente,
e puiden ver o seu sorriso
ao asomar de novo triunfante.
Bruou entón o vento,
e un Cúmulo, ameazou botarse enriba,
saltaches coma un resorte pedindo acubillo,
e dincho na paz do meu dormitorio.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

¡Xesús!.
Doces versos cheos dun sensual romanticismo, miradas especiais ao son dunha parella, cos sentimentos, aí, a flor de pel.
E, ese fin, ese acubillo, fermosos.
Un acio de bicos.

Unknown dijo...

É unha ledicia inmensa, ver as túas palabras comentando os meus versos, máis aínda de esa maneira tan axeitada, graciñas.

Un acio de bicos para ti.

Brétema dijo...

Fermosos ises versos Balteu e fermosa tamén isa sensación intimista e sensual baixo a complicidade da Lúa. Un saúdo poético. Brétema.

Unknown dijo...

Graciñas pola vosa visita e por esas fermosas e amables palabras, compañeiros de Brétema.
É unha gran ledicia para min que vexades así os meus versos.

Saúdos poéticos.

Sir Tertius dijo...

A paixón e a delicada sensualidade deste poema, fan que a escena se fixe e até a lúa, réndase ante a maxia destes versos. Excelentes letras, irmán. Un gusto enorme lelas e lerche. Deixo un abrazo.

Unknown dijo...

Encantado da túa visita e de que vexas así o meu poema Dante, alédome de que che guste.

Unha aperta, amigo.