Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

26 may. 2009

Vaiamos xuntos


Ven, achégate a min,
teño un oquiño escolleito para ti
na miña nave espacial.
Seica ti queres atopar a Cruz do Sur,
buscarémola xuntos e poderemos
ser felices coa súa luz.

Quizais o sideroespacio nos teña reservados
miles de encontros máxicos,
millóns de momentos extraordinarios,
polo noso mundo estrelado.
Camiñemos con paso ledo,
rompendo moldes de dúbida e medo.

Ven, xúntate a min,
poderemos disfrutar das galaxias
que se achegan aos nosos ollos confesos,
esa pirotecnia divina que festexa
o noso ceo,
esas candeíñas que queren adiviñar,
os pensamentos sentidos.

Ven, xa é hora de partir,
salvando as barreiras
que tratan de afastarnos cos silencios,
fagamos desta viaxe un camiño
cara ao infinito xa eterno,
unha canle sen fin polo noso cosmos.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

E..., porén as túas verbas lucen más así, en galego.
Ese "oquiño" merece un bater de mans ben ruidoso.

Balteu dijo...

É unha ledicia moi grande atopar os teus comentarios, paisana. Sempre tes a palabra precisa, a verba axeitada ao intre que a vexo, e me da azos para seguir escribindo.
Graciñas pola túa fidelidade as miñas humildes letras, graciñas por estar sempre aí ao pe da miña escrita.

Un acio de bicos para ti.

Conchi dijo...

O teu poema é un recorrido máxico, cara as estrelas, cara as galaxias... Un canto de esperanza e Amor infinito...
O amor sempre é unha viaxe máxica, ás veces dificil... Pero acaso hai rosas sen espiñas, camiños sen pedras...?
Mentre sigamos crendo na maxia do amor non envelleceremos...
Unha manchea de bicos compañeiro

Balteu dijo...

Tes razón compañeira, nin hai rosas sen espiñas, nin camiños sen pedras.
É unha ledicia grande que o vexas así e che guste.
Graciñas por dedicarme parte do teu tempo, léndome e comentando.

Un acio de bicos para ti.

Dante dijo...

O universo, con todas as súas estrelas, irmán, visto cos ollos do corazón, lonxe de separar, acurta as distancias e estracha os sentires. é un gusto enorme volver gozar o paseo polas túas letras. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

Moitas grazas Dante, sei o ocupado que estás e agradézoche moito a túa visita as miñas letras, é polo tanto un gran pracer para min que teñas esa deferencia.

Unha aperta, amigo meu.