Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

1 ene 2009

Desculpa

Hoxe parece o teu humor estragado,
é quizá por culpa miña?
é por non terte atendido?
por non estar onde debía?
Non parei de moverme,
nun cansado boureo,
agora aquí, despois alí
e algo debín de perderme,
mais xúroche ¡meu xasmín!
que non esquecinme de ti,
nin deixei de quererte.
Que cando un home está só,
acumuláselle o traballo,
e aínda que moito controlo,
o tempo votáseche enriba,
e vaise todo ao carallo.
Por iso, só por iso,
pido non teñas en conta,
que non estivera presente,
¡que non quixen facerche aldraxe!
e o non verte, tamén é magoa.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Gustoume moito, estiven sorindo mentras lía. Non sei si era o teu desexo pero asi foi.
Ela tería que comprender.
Aloumiños pa escomenzar o aninovo e bicos tamén

Unknown dijo...

Por suposto que era ese o meu desexo, e alédome moito de que así o viras.
Elas ende xamais comprenden rem.
Graciñas paisana, por gastar parte do teu tempo léndome, por poñerme uns comentarios tan bos por eses aloumiños.

Mais aloumiños para ti e un biquiño tamén.

Mónica dijo...

Hola compañero:
Entré en tu blog dispuesta a leer este poema en gallego pero creo que, aunque el gallego se asemeja al castellano, no me entero mucho de lo que leo jejeje asi que intentaré leerte algo, pero en castellano.
Un saludo

Unknown dijo...

Gracias Mónica. Veo tú buena intención y eso me basta.

Un bico.

Infiernodeldante dijo...

O amor, cando feita raíces profundas, demanda tempo e coidados mutuos. E tal como contas nos teus versos, tamén causa dano cando parte dese tempo necesítase ademais para sobrevivir. Sentidas letras. Directas e sinceras. Sempre é un gustazo pasar pola túa casa. Deixo un abrazo.

Unknown dijo...

Xa sabes como é isto, nun momento determinado encóntraste nunha situación que pídeche trazar uns versos, a troques co intre que estás a vivir e plasmalos, sáenche fluídos e este é un deses.
Graciñas por terme sempre en conta.

Unha aperta.