Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

16 ene 2009

Ai ausencias…

Ai ausencias que matan a anima,
que feren no máis fondo,
que marcan unha distancia,
que en lembranzas traen esquecidos.

Son ausencias que claman recendos,
de seres distantes, de seres queridos,
de afastados tempos, de bicos perdidos,
de cariños ausentes, de brazos tendidos.

Ai ausencias que con as súas nostalxias,
nos volven silentes, húmidos,
calcínannos a mente, o sentido,
fannos sensibles e máis emotivos.

Son ausencias que róubannos a calma,
que enchen o noso tempo,
con recoñecementos baldíos,
suxerindo estampas de momentos vividos.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Coido que os recoñecementos endexamais son,n ou debera ser, baldios.
E certo as ausencias feren pero as veces as feridas recenden con imaxes que fan ben.
Gustoume. Bicos.

Unknown dijo...

Admirada paisana, estou de acordo contigo no que me dis dos recoñecementos, aínda que non sei o que me queres dicir aquí con iso.
Tamén son da mesma opinión en canto as ausencias, aínda que nas imaxes haxa de todo e non todas fan ben, en xeral, penso que é coma ti dis.
É unha ledicia para min que che guste.
Un bico.

Infiernodeldante dijo...

As ausencias sempre van cheas de nostalxia e recordos que aínda que fosen bos, deixan ese sentimento sen carga e desesperanza que nos enche de tristeza. Boas letras para reflectilo. Gustáronme. Sempre é un gusto pasar pola túa casa. Deixo un abrazo.

Unknown dijo...

Prezado compañeiro, é certo que o recordo das ausencias, sempre deixan un pouso as veces doce e outras amargo, nembargante é unha nostalxia case que obrigada, penso eu.
A túa presenza por estes lares, é sempre un agasallo para os meus ollos, graciñas por seguir a lerme e poñer sempre o comentario axeitado.

Unha aperta.

XoseAntón dijo...

Hola, Balteu: antes que nada, disculpa o meu galego escrito; como tantos outros, eu tamén son analfabeto nesta lingua.

Gracias pola túa visita.

Gústame a poesía escrita así, parece que soa moito máis preto.

A ausencia é un oco, o rebufo que deixan o seres queridos cando marchan. Tira por un, arrastranos a ese vacío do que desexamos sair.

É certo: "fannos sensibles e máis emotivos"

Un parcer descubrir o teu fogar

Un saúdo

Unknown dijo...

Benvido Xosé Antón, é unha gran ledicia verte por aquí e espero verte máis veces, non te preocupes pola escrita, coma podes ver nos non somos mestres, pro facemos o que podemos.
Alédome moito de que che guste a poesía así, coma ben dis ti, soa moito máis preto.
Grazas pola visita e por este comentario tan axeitado.

Unha aperta.