Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

31 ene. 2009

Soño ou realidade

Espertar deste soño deixoume inconsciente,
estou cego, parvo, non me decato certamente,
quixera non haber espertado desta ilusión.

Pechar os ollos… e seguir durmindo,
por soñarte preto, por estar queréndote.

Ao pensar en ti con este silencio,
que os sonos tolos traen a miña mente,
sácoche temores e sumo ánimos,
para que esa vida de constantes cambios,
saia adiante, forte e sen agravios,
que eses “quérote” noutrora infundados,
sexan tan reais, como agora mesmo, eu estoute amando…

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

Es igual que sea sueño o realidad (si es así mejor para tí, desde luego), porque lo que sí importa es lo que, una vez más, transmites con tus palabras.
Sueños, deseos, amor, en fin.

Bicos.

Dante dijo...

Namorados e esperanzados versos. Nestes casos adoitamos cegarnos e ata parecer parvos, pero din que asi é o amor, compañeiro. Ata os soños vólvense reais cando se ama. Moi boas letras. Gustoume. Sempre é un gusto pasar pola túa casa. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

Non sabes a ledicia grande que me da, ver as túas letras nos comentarios dos meus poemas, se me antolla que estou en débeda contigo, e sinto que debo seguir escribindo, non só por que me guste a min, se non porque tamén gústanche a ti. Espero non defraudarche nunca paisana.

Un bico.

Balteu dijo...

Coma sempre, penso que as túas verbas son acertadas Dante, tes razón así é. Xa sabes co gusto e ledicia por verte por aquí, e grande, e se por riba gústache o que les máis aínda.

Unha aperta.

Muselina dijo...

Eu non sabía deste teu marabilloso blog, Balteu. É raro que non mo comentaras. Parabéns!!!
Segue escribindo poemas coma este , cheos de amor e ternura. Soña e vive compañeiro...
Aquí che deixo unha manchea de bicos.

Balteu dijo...

Non só comenteicho, tamén póñocho cada vez que che mando un correo.
Grazas por entrar e deixar o teu comentario, agora xa o sabes, podes ir a calquera deles cando queiras, es ben recibida.

Un bico.

XoseAntón dijo...

Todo ben, Balteu; teñote anotado no meu blog, pero vese que non se nota cando subes traballos o fas cambios...

De calquera maneira, por aquí ando; xa sabes, con botar un berro e suficiente.

Saudos

Balteu dijo...

Graciñas pola túa visita e por deixar a túa pegada XoseAntón, sempre es ben vido.

Unha aperta.