Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

26 dic. 2008

Soneto de amor

Debaixo da mirada desta lúa chea,
miña namorada recostase en min,
sentindo un sopro de quietude serea,
tan cheo deste gozo nunca me sentín.

Aloumiños e bicos de os dous xurdiron,
medrados entón con un gran frenesí,
as roupas de súpeto ao chan caeron,
deixándose os corpos sen volver en si.

A lúa ao desexo con voz doce chama,
alleos ao mundo seguemos alí,
e o meu corazón de paixón fai flama.

Ese amor tan grande, fixo a dona en min,
para dous amantes que seu amor expoñen,
dous seres se queiman con ardor febril.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Eu tamén deixo aloumiños e bicos por deixares ler.

Balteu dijo...

Gracias dobles paisana. Por lerme e por deixarme aloumiños.

Un bico.

Dante dijo...

Bos versos os deste soneto, irmán. Letras máxicas e cargadas de imaxes. Sempre é un gusto pasar polas túas letras. Aproveito ademais, para deixarche os meus mellores desexos, para que este 2009 que chega concédache todo o bo que teñas pendente por concretar. Moitas Felicidades.

Balteu dijo...

Moitas grazas Dante, por dedicarme parte de teu tempo lendo as miñas humildes verbas, por poñerme sempre notas de ledicia nos comentarios e polos bos desexos.
Sabes que eu tamén deséxoche o mellor, no só cara este ano que comeza, se non para todos os anos da túa vida.
Que sexas moi feliz.

Unha aperta, amigo.