Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

19 dic 2008

Anoto

Vou polo enguedellado camiño da palabra,
aquí descubro a falacia do verbo oco,
máis alá, atopo o efémero da voz,
alí, o impreciso uso do vocábulo vano,
a mensaxe absurda e inevitable,
a sinal auditiva máis obtusa,
ou a imaxe irrevogable,
o termo incontestable evitado,
a expresión sumida no paroxismo,
o dito lanzado ao infinito do abismo,
a dicción impronunciable do escrito,
a fachendosa elocuencia da pedantería,
a terminoloxía codificada da técnica,
a linguaxe choqueira da vulgaridade,
o discurso interminable da política,
o léxico inquebrantable da xustiza,
a retórica metafísica da cultura,
e aférrome ao artista da caligrafía,
que pon o corazón en cada letra,
que impulso o seu documento coa súa ánima.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

¡Qué bonito fica na nosa verba!.
¿Cal fiseches primeiro?
Deixo aloumiños hoxe.

Unknown dijo...

Primeiro escribino en castelán, o puxen en G. B. e logo no blog de “Poesía en castellano” pero pareceume que había estar ben en galego, así que, escribino e o puxen aquí, e di ben, verdade? pois, gustoume como quedou.
Graciñas por lelo e alédome de que che gustara.

Un biquiño.

Infiernodeldante dijo...

A palabra como nexo de todo. Para expresar sentimentos e como reflexo do alma. Un gustazo lerche, como sempre. Deixo un abrazo, irmán.

Unknown dijo...

Así é Dante, se ben é certo que con algunhas persoas podemos chegar a entendernos, no máis recóndito dos silencios, a palabra fáísenos indispensable para aclarar conceptos, e agochar os malos entendidos. Por outra banda, é tan versátil, que ten a posibilidade de dicir moitas cousas con unha soa, é coma ti ben dis, unha xanela da ánima.
Graciñas por pasares por aquí deixando a túa pegada.

Un abrazo.