Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

18 dic. 2008

Amor

Debaixo da mirada desta lúa chea,
miña namorada recostase en min,
sentindo un sopro de quietude serea,
tan cheo deste gozo nunca me sentín.

Aloumiños e bicos de os dous xurdiron,
medrados entón con un gran frenesí,
as roupas de súpeto ao chan caeron,
deixándose os corpos sen volver en si.

A lúa ao desexo con voz doce chama,
alleos ao mundo seguemos alí,
e o meu corazón de paixón fai flama.

Ese amor tan grande, fixo a dona en min,
para dous amantes que seu amor expoñen,
dous seres se queiman con ardor febril.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

¡Bien!, te estamos recuperando y eso me encanta.
Aloumiños pra ti por facer o que fas e deixar que nos podamos ler e, as veces, ficar abraiados.

Balteu dijo...

Es unha excelente compañeira, sempre dando ánimos, aínda non estou ao 100% pero co teu empurrón, logo estarei outra vez escaravellando na fura de diante.
Graciñas por seres así e seguir axudándome.

Unha aperta e un bico.

Dante dijo...

Apaixonado soneto, irmán. Coa lúa chea por testemuña de dous corpos que se aman, pouco se pode pedir para tocar o ceo coas mans. Moi bo. Foi un gusto volver ler as túas letras. Deixo un abrazo e outro empuxón.

Balteu dijo...

En vista que non sae nada dos miolos, estou traducindo o que está en castelán, a lo menos gano tempo.
Graciñas Dante é moi boa a vosa axuda.

Unha aperta, compañeiro.