Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

2 dic 2008

Ca miña verdade por diante

Namentres dos meus ollos saian bagoas
que afoguen os mares,
bagoas que amarguen a mel
que de teus beixos saen,
non ei de escorregar o vulto
deste meu corpo infame,
e mirareite de fronte,
a pesares das verbas,
a pesares dos xestos,
que fagas ti por calarme,
ti podes ter a razón,
o manexo,
complicidade
de familia e amizade,
e eu a soidade,
mais,
o meu está a vista,
non se acocha,
nin covarde
fai dos demais bandeira,
nin exemplo para nadie.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

As veces, nalguns intres, déixasme abraiada, fasme ler e voltar a ler pra chegar o fondo. Mais cun poema semella unha declaración de principio.

Unknown dijo...

Pois, non se me ocurrira e volvino a ler, secadra é as duas cousas, loxicamente a primeira idea era un poema, pero conforme vaise formando, quizais teña máis parecido co que ti dis.
De calquer xeito, grazas por comentalo.

Un bico.

Infiernodeldante dijo...

Puntuales e directos versos. Claros e precisos. Como di Ana, parecen unha declaracion de principios. Moi bo. Sempre é un gusto pasarme polas túas letras.

Unknown dijo...

Se cadra é unha declaración de principios como decides vos, pero desde logo está chea de reproches sinxelos. Xa sabedes que a min sáenme cousas así, de vez en cando, espernexo, pois e o único que podo facer, é a rebelión da impotencia.
O gusto sempre e meu atoparte por estes lares.

Un abrazo, Dante.