Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

13 nov. 2008

Lixeira coma o vento

Coma o vento que fuxe, así es ti,
correndo a todas partes, sen deter.
Déixame que esgote a miña anima,
na procura da túa ledicia, ¡meu ben!

Coma o vento do norte, así es ti,
meténdote por todas as rendixas
do corazón das persoas,
e deixándolles un tremor de friaxe evanescente.

Coma esa ventada que arremuíña
os papeis nas rúas das cidades,
ou as follas dos carballos nos montes,
así es ti, toda enerxía que barre as angustias da xente.

8 comentarios:

fonsilleda dijo...

Teu poema hoxe fala dunha muller en letras maiúsculas, en letras grandes, boa xente e feiticeira. ¡Case que nada!. ESperta envexa.
Bicos.

Balteu dijo...

Éche unha ocorrencia coma outra calquera paisana, froito do rebulir dos miolos.
Graciñas por deixar a túa amable pegada.

Un bico.

Dante dijo...

Namorados versos, compañeiro. Muller feita vento que se mete nas rendixas da alma para quedar nun. Aire fresco que enche de enerxía ao corazón. Sempre é un gusto pasar polas túas letras. Deixo un abrazo.

Balteu dijo...

Esta claro que se sabe a orixe deses versos, pero non tanto o destino, pódese idealizar e postos neso, ate podemos poñerlle imaxe, mais teremos que ser moi cautos para non ferir susceptibilidades.
Deixemos entón que cada quen pense o que queira e lle de o sentido que crea conveniente.
Grazas por honrar esta páxina coa túa presenza.

Unha aperta

RosaMaría dijo...

Preciosa poesía|dulce, con ritmo, felicitaciones

Balteu dijo...

Hola Rosa María, me alegro mucho de encontrarte por aquí, se bienvenida.
Gracias por tus palabras y por haber dejado constancia de tú paso.

Un bico.

Anónimo dijo...

A veces ser ligera como el viento es signo de no pertenecer a nada, a nadie..
Escapar escapando de todo constantemente como sino existiera un motivo y quizás está y es el miedo.
Déjala ser viento, déjala ser mar.

Dice Serrat:
La rosa de los vientos me ha de ayudar, desde ahora vais a verme vagundear entre el cielo y el mar..

Congratulaciones, balteu

Balteu dijo...

No acostumbro a responder anónimos, es claro que no pensamos igual, de todas formas gracias por leerme.