Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 mar 2013

Es un anxo?



Teño calosidade nos ollos de tanto mirarte
e as pálpebras semellan estar fixas
por non perder ningún detalle teu.

Mesmo con coñecer de memoria a túa silueta,
gústame percorrela coa vista ao contraluz,
pois esa figuriña que tes tenme encantado
e babeo coma un bobo cada vez que te teño diante,
so volvo en min cando me falas
e aínda que me gusta escoitarte,
relaxo a visión co teu contorno.

As veces paréceme ver as nas túas costas
e penso que certamente es un anxo,
pois so un ser así pode facer tanto ben aos demais
sen pensar nel
e síntome privilexiado por coñecerte.

4 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Perfecta descrición!
Dá gusto lerte.

Bicos.

Unknown dijo...

Moitas grazas polo teu comentario que demostra o teu paso polas miñas letras, aínda que coido que é moi exaxerado e alédome moito de que sigas léndome.

Bicos nun feixe.

Conchi dijo...

Os anxos andan escasos, así que cuida moito ao que che inspirou este poema.


Unknown dijo...

Os anxos cóidanse eles sos, ¡quen puidera coidalos! Mais non están a vista de calquera, por iso parecen escasos.
Moitas grazas polo teu comentario e o paso polas miñas letras.