Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

26 mar. 2013

A solista da Banda



Tocabas a frauta traveseira
e o teu encanto alelaba,
aos trinta mil oíntes pendentes
da dozura das notas que espallabas ao ar,
presinto que a peza musical
que viña da gran orquestra,
a nos tíñanos sen coidado,
pois so escoitabamos o teu instrumento.

Ti allea ao fervor da xente,
seguías ao teu sen reparar noutra cousa,
e nos, bobiños coma estabamos
aplaudímoste sen darnos conta
que a peza non rematara
obrigando ao director a parar a orquestra.

Foi entón cando te deches conta
de que era a ti a quen aplaudíamos,
e ti moi humildemente nos saudaches,
o director mandou comezar de novo
e nos tornamos a soñar.

2 comentarios:

Conchi dijo...

Cando a música fai soñar aleda o corazón, serea o ánimo e semella que tamen pode dar forma as palabras...

Balteu dijo...

Certamente, sobre todo cando a imaxinación pode voar.
Graciñas polo teu comentario, sempre é de agradecer que alguén coma ti me lea.