Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 jun 2012

Raíña miña




Coñézote desde hai moito tempo
e ámote en silencio e en segredo,
nunca cho dixen porque ti
sempre estabas colgada do brazo,
dalgún outro home.
Vexo a sorpresa pintada na túa faciana,
mais isto é algo que me bule dentro
desde fai moitos anos
e tiña que contarcho como fora
pois non podo gardalo máis tempo.
Se o home que te acompaña
non te trata coma ti mereces,
se cadra precisas outro adorador ,
raíña.miña

2 comentarios:

Pilar dijo...

Hermoso, me ha encantado y sobretodo leerlo en gallego.

Abrazos grandes, amigo mío

Unknown dijo...

Graciñas miña amiga, estou ledo de que che gustara e máis aínda por lelo en galego, a qué soa ben o meu idioma?
Moitas grazas por deixar a túa impronta coa fermosura das túas letras.

Un bico.