Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

13 feb 2012

Sempre espero que volvan

Deixei a porta aberta e se marcharon todos:


os amigos da infancia elixiron outros camiños

que non son coincidentes co meu,

a familia foise pouco a pouco case sen darme conta,

meus pais camiño do infinito indefinido,

meus irmáns non se despediron pero seguro que se afastaron,

dona, fillos ou calquera que a eles se pareza,

fai tempo que decidiron que estarían mellor fora,

meus amigos compañeiros de tantos anos de traballos,

quedaron ocupados nos seus asuntos e eu xubileinos,

os novos amigos camaradas e incluso confidentes da última afección,

entran e saen coa maior naturalidade, para iso son as portas …



Pero ben pensado, decidín que tirarei con esta,

por se algún día se lles ocorrira vir a todos xuntos,

non quero que se atoen, mellor que vexan que os espero

a todos eles cos brazos abertos.

4 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Pechar as portas, unicamente cando vai moito frío, para que non escape o calorciño do fogar. Despois sempre abertas, sempre, para que quen queira entre...

Gustoume a reflexión...

Un saúdo.

Unknown dijo...

Estou ledo de saber que pensas coma min, mais desexo que teñas o éxito que eu non atopo.

Bicos

Concha L. F. dijo...

Pouco a pouco, meu...
E se non chega, abrir portas sempre é bo para que se renoven os aires...

Bicos.

Unknown dijo...

Pois tamén que se renoven os aires, pero ó outro era mellor, ou non? se cadra nin coa porta aberta...



Bicos