Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

15 nov 2011

Espinelas do rincón do Macondo.

Estou preto dos poetas,
inanimado sen fala,
facéndome oco na sala.
Notable o mesmo cas letras,
mais que non sempre discretas,
postas nos beizos Diversos,
que non so derraman versos
nas súas sesións matinais.
Ben sabido que xamáis,
tornaranse moi dispersos.

Desde o meu posto ben vexo
que é o que len estes vates,
que dos textos fan debates
sen deixar dubida algunha,
resumindo o dito nunha
acta e memoria do día,
que describe a maioría
do que aquí fan estes bardos,
que xuntos e sen encargos
gozan dun café a porfía.

2 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Perfecto! No fondo e na forma. Hai que ver que graza lle deches a un tema tan complicado!

Saúdos.

Unknown dijo...

Moitas grazas Concha, xa o creo que é complicado porque o que digo aquí é certo e se che coincide vir por Coruña non deixes de visitar ese rincón na cafetería Macondo, está en San Andrés e é fácil de atopar, se o fas un sábado pola mañá incluso podo convidarte a un café.

Un cordial saúdo.