Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

29 jul 2011

¡Qué camiño tan difícil!

Estás de ferruxe emporcallada,
mergullada nesa auga
que traen os ríos da túa historia,
fluíndo sempre coma un manancial,
pero xa na metade da corrente,
mentres cara a beira deixache
á lama dos rumores da envexa,
coa auga case parada dos silencios
e eludindo todo iso,
no mesmo vértice da canle,
vas batendo cos cantos rodados
das equivocacións.

Aquí á pedra deixou á pegada
do paso precipitado e insistente
e máis alá es ti quen turra
contra os seixos da indiferenza.

A calma do remanso ou os meandros
da paz de espírito quedan lonxe aínda.

10 comentarios:

Concha L. F. dijo...

Mágoa que este verán tan seco deixe as canles orfas de auga.
Fermoso canto, aínda que tristeiro!

Unknown dijo...

Pois tes razón Concha, pero ás cousas están así e non podemos facer nada.
Alédame que che pareza fermoso ó meu poema. Claro que é tristeiro, pero tocou deste xeito.
Moitas grazas polas túas palabras.

fonsilleda dijo...

¡Que fermoso!, véxome nas palabras, nos desatinos, nos erros, na calma dos meandros.
A paz o fin chegará.
Apertas

Unknown dijo...

Alédome moito de que che pareza fermoso Ana, sen embargo non é intención miña destapar nada máis, se ti o ves dese xeito, pois moi ben e que veña esa paz para todos.

Bicos

Maribel-bel dijo...

Haber si sáe un sol morniño, brilante e bailamos para espertar e dulcificar os días. Unha apertiña chea de auga

Unknown dijo...

Graciñas Maribel, falla fai (que dicían por Mondoñedo)ese sol morno e dulcificar os días, está claro.

Outra aperta escorrendo a auga.

Pilar dijo...

No logré traducirlo bien, a pesar de los traductores,pero lo que logré entender me pareció fuerte y cierto.
Abrazos

Unknown dijo...

Quizás sí es fuerte, pero es la vida, la mía en este caso y claro que es cierto. Te la pasaré en castellano a ver si la entiendes mejor.

Bicos

ANA dijo...

boa tarde,
quixera pedirvos permiso para publicar este poema nun blog relacionado cun río, claro que mencionaría o nome do autor... graciñas de anteman

Unknown dijo...

Ola Ana, este blog e meu e non ai ningún problema en que publiques o meu poema nese blog, se é posible gustaríame saber ó enderezo para visitalo.