Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

16 sept. 2011

Ben levado sempre

Ben levado sempre fun e coidadiño
que non sempre me trataron con reparo,
non hai queixa de como foi o noso trato,
mais fun perdendo eu sempre do meu lado.

Ben levado pola conta que me tiña,
sempre andando cara min, ao meu tellado,
e non hai unha perda máis sentida
co que ten cada un ao seu coidado.

Ben levado dicían de min as mulleriñas
aquelas que sempre me amolaron,
as mesmas que dicían que eran mociñas
a pesares dos anos que pasaron.

Ben levado ata a familia de min dicía
cando facían o que acordaran,
e como xa todo tiñan feito, sen malicia,
amosábanme o que tiñan acabado.

Ben levado, madia leva!

4 comentarios:

Concha López Fernández dijo...

Ben levado, como ten que ser. Aínda que sendo ben levado ás se veces se nos leve mal!

Moi orixinal, por certo!

Balteu dijo...

Graciñas Concha, por lerme e máis polo teu comentario.

fonsilleda dijo...

Compre decir que si, ben levado, dou fe.
Un bo acio

Balteu dijo...

Un tenta de ser ben levado Ana, mais, non sempre é posible, aparéceche un toxo e tes que tornalo, e claro xa non eres tan ben levado.

Un acio de bicos.