Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

19 jul 2010

Quen é quen?


Xa non creo na conciencia dos homes,
agora lévase a cabeza rasurada,
para que o ar leve os pensamentos
que non queremos que se nos vexan.

Os das guedellas non as lavan,
para que a suciedade acumulada,
lles bloqueen as ideas e así esquecer a vida.

O que vai ben arranxado sabe que iso só é
unha máscara para enganar á xente,
que na sombra de seu,
é un miserable delincuente.

2 comentarios:

fonsilleda dijo...

Todos ou ningún podemos ser ese "quen".
E, tes razón, asusta un pouco.
Bicos.

Unknown dijo...

Esta poesía quixo ser un pouco burlesca, da actual maneira de facer os homes coa súa aparencia, supoño que a cousa é máis seria según cada un, pero coma a vista é libre doulle ese xeito.
Graciñas por deter o teu paso nas miñas letras.

Un acio de bicos pra ti.