Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

2 jun. 2010

Nin o río fala



Chove onde o río é so pedra
e a palabra auga.
A xente camiña co seu tellado a costas
e a mirada no chan.
Non hai mortos nas rúas,
nin se atopan os amigos.
Quizais o seu silencio que nos acompaña
non é máis que a sombra,
facendo da súa frescura
grava.
Mai,
o pozo está seco,
non queda auga!

9 comentarios:

fonsilleda dijo...

Inquietante poema, deixáchesme desasosegada, pero non é culpa túa, son as palabras que escoito e leo, sen auga.
"ou pozo está seco, non queda auga!", aínda que non o creas é unha das miñas obsesións.
Bicos

Maribel-bel dijo...

Só me queda o ruxe, ruxe da auga pasando maxestuosa ante os nosos ollos. A Auga, para mín é sempre un remanso, sempre verei auga no pozo, porque non podería estar sin inventala. Sempre bicos

Balteu dijo...

Graciñas por seguir léndome paisana, a pesar da miña irregularidade escribindo, das miñas faltas sen xustificar.
Este poema é unha queixa polo camiño que leva o mundo, relaciono a auga co a falta de relación entre a xente: a primeira estase deteriorando e escaseando cada vez máis e cada vez máis, falamos menos co a xente.

Un acio de bicos

Balteu dijo...

Ola Maribel, case podía dicir benvida, polo tempo que levamos sen lernos.
Xa dixen máis arriba o motivo do poema. A auga é un ben natural que é de todos, pero estase estragando, soa catastrofista, pero é a verdade.

Un acio de bicos pra ti tamén.

El ave peregrina dijo...

Tristura ou desasosego hai hoxe nas túas verbas...noto algo que está acabado...esa secura...é como ollar algo que rematou...

Un placer leerte Balteu.

Unha aperta agarimosa.

Balteu dijo...

Cada un é libre de interpretalo como queira. Claro que algo se acaba Ave peregrina, máis arriba xa falo de iso. Non hai tantos anos, os veciños nos coñecíamos todos, nos saudábamos e parábamos a falarnos de cando en vez. Se pasabas por unha rúa e atopabas a alguén tirado no chan, parabas a falar con il, interesándote polo que lle pasara.
Hoxe é raro que alguén coñeza a os veciños e ninguén para nas rúas a falar ou a axudar a quen caeu, ao contrario, fuximos del.
E a auga, a quen lle importa? Mentres nos teñamos…
Cada vez está máis contaminada e é máis escasa.

Bicos

Pilar dijo...

Siempre existirán pozos, ríos, mares, lluvia..
Siempre habrá un lugar donde el agua permanezca limpia para saciar la sed del que tiene esperanzas.
Triste poema, amigo mío. Como un elegía musitada en días grises.

Un abrazo grande!
Pilar

Balteu dijo...

Perdoa que che responda en galego por estar escrito neste idioma este blog.
Graciñas por asomarte de novo polas miñas letras e deixarme o teu comentario, ca correspondente interpretación do meu poema.
Como xa dixen nas outras, tratase de un visión (a miña) do momento actual da sociedade, obviamente é na cidade que teño máis preto, pero penso que ocorre o mesmo no resto de España. Na miña forma de ver, tanto a auga como a palabra foi perdendo o anterior uso, e hoxe a xente vai ao seu sen importarlle estas cousas.

Bicos

Pilar dijo...

:)
Abrazos!