Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

14 mar 2010

III

Hoxe volvo enriba da túa faciana no recordo,
dous buratiños e unha raia que ameaza cruzalo.
Sinto a morneza da túa ollada
no canto das miñas mans que acariñan o ar.
Hoxe coma sempre agardo a túa aureola,
ese abano de cores que enche a sala,
o pensamento circunscrito no meu cerebro
e que de pronto vexo nos teus beizos,
semellara que tiveras xeito de entrar ao meu maxín,
que porén traizóate con esta herexía,
que sae dos meus dedos coma unha exhalación
que as mans non poden conter.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Vas deixando un estilo de palabras e termos tan bonitos e delicados, que adornan os versos dun xeito bellísim.
Bicos.

Unknown dijo...

Moitas grazas paisana, sempre é unha ledicia atopar as túas palabras comentando os meus poemas.

Un acio de bicos pra ti

Froiliuba dijo...

Me lo traduzcan buaaaaaaaaaa

Unknown dijo...

Está ben Froi, mandaréicho traducido, non te preocupes.


Un acio de bicos pra ti.