Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

11 mar. 2010

II

Camiñarei cos pes espidos,
encol do limiar do teu encontro,
non as sentir a miña pegada engaiolándote.
Chegarei ao teu leito no silencio agardado,
coma un sono de cotío,
coma un desexo que berrará certezas.
Chegarei e abraiarei a nudez dos teus cumes,
o paso ao teu orto, á fonte do teu zume.
Chegarei, tan só chegarei,
e deixarás estoupar as túas ondas na rompente do meu corpo.

2 comentarios:

fonsilleda dijo...

Déixame ser por un momento un pouco vulgar ¡Jo!.
Precioso neniño, cunha explosión de suave erotismo, preciosa.
Bicos.

Balteu dijo...

Ti non podes ser vulgar, nin querendo.
Alédome moito de que che guste e agradézoche a visita e o teu comentario.

Un acio de bicos pra ti.