Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

3 feb 2010

De outro xeito


Voas miña pomba sen a túa rama de oliva,
describindo no ceo xeroglíficos inexplicables,
trazando no ar versos coñecidos,
chea de razón ergues o teu pico
coa seguridade que che da o entendemento
do xa escrito, do antigo.

Pero aquí abaixo, no chan,
onde a terra é lodo e nos os seus fillos,
non nos valen as verbas que sempre din o mesmo,
facemos do limo barro e de este un botixo,
pintamos con acuarelas de cores debaídos,
creando un cadro novo que diga …
o que non digo.

6 comentarios:

EL AVE PEREGRINA dijo...

Un canto fermoso as nosas pombas e como non a nosa cultura e os nosos alfareiros.

Un bico.

Unknown dijo...

Ben, amiga miña non era iso o que eu quería expresar, pero é ben certo que as interpretacións son libres e a túa ademais é inocente e sinxela, así que alédome moito por eso.

Unha man chea de bicos.

Maribel-bel dijo...

Cansamos de ver galopar sempre a mesma pomba, a espera de que aquí abaixo cambiemos un milleiro de cousas sen esperas. Cansamos. Unha aperta con esperanza.

Unknown dijo...

Tes razón Maribel, cansamos e sempre deixamos unha porta aberta a esperanza, mais esta non chega sen que fagamos demostración de paciencia.
Moitas grazas porte amosar as miñas verbas.

Bicos.

fonsilleda dijo...

E esa pomba segue voando para que todos, e ti, e eu contaxiémonos do seu voo, do seu optimismo e pechemos os ollos ás palabras enganosas.
Estupendo aquí.
Xa sabes, un acio.

Unknown dijo...

Graciñas paisana, polo teu comentario e ao paso polas miñas letras.

Un acio de bicos.