Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

18 feb. 2010

Vou na procura…

Foi unha inutilidade agardar que os teus ollos,
se asomaran á beira dos meus,
tamén o foi trazar regos
para que o caudal da túa ledicia
fluíra cara a min por eles,
que as palmas das miñas mans,
limparan de espiñas o teu camiño,
para que os teus pés non sufriran
e puideran encamiñarte ao meu.

Pero, nada é inútil se decides voar
por ser a viaxe máis rápida,
ou se acordas vir polo mar
do noso destino.

Nada ía ser máis pracenteiro,
que atoparte de calquera xeito.

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Neniño, que bonito.
Pero non creo que fose unha inutilidade. En realidade penso que nada o é.
As cousas ás veces non suceden como desexas, pero aí están os camiños, as canles, as miradas e as palmas das mans...
Precioso. en serio.
E é moi pracenteiro leer teus versos.
Bicos.

Balteu dijo...

Alédome moito de que che pareza como dis o meu poema, paisana e que che resulte pracenteira a lectura.
Moitas grazas.

Un acio de bicos.

Maribel-bel dijo...

Tender pontes, como fíos miudiños..acariciando con esperanza a chegada. Que non te nuble a tardanza, que a espera sexa pouquiño tempo. Biquiños

Balteu dijo...

Moitas grazas Maribel, por asomarte a esta xanela que intenta amosar algo de poesía.
É un pracer ler os teus comentarios e alédame moito a túa comprensión cos meus poemas.

Unha man chea de bicos.

fonsilleda dijo...

A ver, cando o lin non era unha OBRA, así con maiúsculas, era un poema, só iso ou todo iso, como prefiras.
¿Fuches agregando?, tivo que ser así por iso non se me refrescou que colgases algo novo.
Isto de agora que me lin case sen respirar, terei que volver unha e outra vez a lelo e número a número, supoño que che comentarei.
Namentres a miña admiración e mes desexos de sorte. Felicitacións.
Bicos.

Balteu dijo...

Moitas grazas paisana, isto é un proxecto que intento levar a cabo por se me presento a algún certame de poesía, aínda lle falta moito, pois quero coser aí máis de catrocentos versos e debo corrixilos, pulilos e ordenalos coma mellor se axusten.
Non te impoñas a labor de comentalos todos, pois están así precisamente para aforrar ese traballo. Non obstante graciñas pola túa xenerosidade e dedicación.

Un acio de bicos pra ti.