Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

2 nov 2009

Vidros escachados


Quen non tisnou de amargura
algún día o seu traveseiro,
quen non verteu vidro escoitando
unha cantiga, que lle recordara
o cárcere do seu corazón.

Quen cre no amor aínda,
quen non confunde a súa calor,
quen pensando que era amado,
seguiu ata o final na porfía.

Quen non soñou con ese feliz día
sen pasar por isto ningunha dor,
quen créndose xa na gloria,
aos infernos non caeu,
quen?

6 comentarios:

fonsilleda dijo...

Eu non, desde logo. É certo, os vidos a veces escachan, así é a súa natureza.
Bonito, bonito.
Acio de bicos.

Unknown dijo...

Volve a lelo paisana, quizais as miñas letras de esta vez, non están moi claras, pero se ti estás entre os elixidos, os que nunca pasaron por isto, entón, parabéns.
Graciñas por deixarme a túa pegada.

Un acio de bicos pra ti.

Maribel-bel dijo...

É como coller unha cometa, deixala voar, contemplala e cos ventos escacharse contra as fronteiras. Pero...é fermoso, tan fermoso. Biquiños

Unknown dijo...

Graciñas Maribel-bel, alédome moito de que che guste.

Un acio de bicos pra ti.

EL AVE PEREGRINA dijo...

Moita verdade dis, pois "quen non verteu vidro...ou non pasau ningunha dor...Tamen mo pregunto...
¿Quen?.

Moitos saúdos.

Asun.

Unknown dijo...

É claro Asun, ao largo da nosa vida cantas veces…
Moitas grazas pola túa visita e por esas palabras tan comprensibles co meu poema.

Un acio de bicos pra ti.