Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

26 oct. 2009

Urdindo contos


Es ese ar morno que bate na miña xanela,
esa raiola que refulxe no escuro da miña vida,
un oasis perdido neste deserto atopado,
unha canción sen eco no devalo da lúa.

Es o xerme da ledicia rebulindo para saír fóra,
a opción irresistible de seguir vivo, máis vivo,
a menciña curandeira da soidade balorecida,
a única solución para un proxecto de futuro.

E con todo, arrolo soños de metamorfose,
elucubro encontros audaces e transitorios,
matino viaxes tridimensionais no encoro dos afectos,
ou trato de urdir unha novela onde eu son o heroe
e ti, miña dona, a moza a quen salvo do xigante.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Eusebio, as veces o que dis é fermosísimo.
Fas ben en urdir contos, en soñar e en imaxinar ou, simplemente fas ben en escribir que o fas, porque outros lemos e aproveitámonos e enredámonos nas tuas letras e mesmo nos teus soños.
Eu disfruto, gústame o que fas.
Bicos

El ave peregrina dijo...

É moi fermosa a túa poesía, como ben dis é unha opción para seguir vivo e poder transmitir.

Balteu dijo...

Supoño compañeira, que terá que ver co estado de ánimo do momento no que escribo, o meu é tan variable…
Moitas grazas Ana, é moi gratificante para min saber que che gusta e que disfrutas lendo o que escribo, ti tamén o fas moi ben e gústame o que escribes.

Un acio de bicos

Balteu dijo...

Benvida compañeira, é unha ledicia terte polas miñas letras, unha gran satisfacción atopar novos lectores que lles guste a poesía e se a miña, nesa visita, consigue transmitir e gustar, daquela é unha gozada para este apaixonado dela.

Un acio de bicos para ti.