Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

28 sept 2009

Espertando


Hoxe á fin desfíxenme das cadeas,
que ataban os meus miolos,
ancorándoos no escuro.
Hoxe liberei ese peso que obrigaba á cabeza,
a andar baixa e chea de dúbidas.
Unha pinga de luz alumeou o meu cerne,
amosándome cores esquecidas,
enchendo de claridade o baleiro.
O sol fíxose o meu amigo
e puiden ver o verde dos prados
e das follas das árbores,
a beleza das margaridas
e de tantas cousas que facía tanto tempo non vía.
Coa cabeza erguida e ollando ao redor,
comezo a valorar máis,
aquilo que podo tocar coas xemas dos dedos.

9 comentarios:

Dilaida dijo...

Moi fermoso, gustoume.
Bicos

Maribel-bel dijo...

Gústame que encontraras o corazón(ou sin él) que abriras os ollos o lindo das cores. Merece a pena, ainda que a miúdo che falte unha caricia. Máis bicos

Unknown dijo...

Moitas grazas Dilaida, é unha ledicia para min que che guste e che pareza fermoso.

Un acio de bicos para ti,

Unknown dijo...

Este corazón Maribel-bel, brinca tanto, que as veces fúxeme e outras atópoo.
Non dubido que teñas razón, pero a teoría dise pronto, mais a práctica non se fai tan axiña.
Moitas grazas pola visita e o comentario.

Un acio de bicos para ti.

fonsilleda dijo...

Hoxe habera que brincar contigo, poñerse leda cando recuperaches ¿a cordura?.
E, as margaridas voltarán como as andoriñas.
Bicos

fonsilleda dijo...

Gustoume o poema de reencontro.
Bicos

Unknown dijo...

Penso que non é para tanto compañeira, se houbera recuperado a cordura, pensas que había de escribir aquí? Precisase estar un pouco tolo para poñer letras como as que poño, ou non?
As margaridas volven todos os anos como as andoriñas, pero con menos esforzo.
É sempre unha gran ledicia atoparche nas miñas verbas, que che gusten e ver as túas nos comentarios.

Un acio de bicos.

Conchi dijo...

Compañeiro: despois da fermosura duns días de sol retornaron as choivas, pero que importa se as nubes comezaron a despellar no teu corazón e hai luz no teu interior?
O teu poema é esperanzador... Desexo que os teus diás sexan diáfanos e nas túas noites brillen de novo as estrelas.
Unha gozosa aperta para ti.

Unknown dijo...

Moitas grazas Conchi, pola túa visita, pero sobre todo por esas verbas tan animosas que me deixas no comentario.

Un acio de bicos para ti.