Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

26 sept 2009

Consellos


Tempera xa o teu orgullo,
esquece a obriga pasada,
pensa que a auga escorrida,
non engaiola a fiada.
E se foi o que xa foi,
iso xa non ten arranxo,
deixa o po fuxir no ar,
encoméndate a teu anxo.
Dis que foi un mal soño,
o que aí aconteceu,
palabras mal entendidas,
nada diso che sei eu.
Se con isto que che digo,
non se ergue ó teu ego,
vai pensando noutra cura,
quizais non teñas sosego.
Porque quen a fai a paga,
moito antes ou máis cedo,
coa conciencia tranquila,
ti non tes por que ter medo.

4 comentarios:

fonsilleda dijo...

Non sei, pero parece que notacheses o meu estado de ánimo e eses consellos, perfectamente ordenados e rimados, estivésesmos dando a min.
Polo que, se escribiches para ti, significa que outros nos identificamos
Grazas por iso.
Tentarei "deixar o po fuxir no ar"

Unknown dijo...

Pois… síntoo pero non me decatei do teu estado de ánimo, so é unha mirada cara atrás, e non por min, se non en xeral, polo tanto sen haberme dado conta do teu, estás incluída coma min.
Graciñas a ti por ser a lectora máis fiel, ou a lo menos, a que máis me comenta e porque ises comentarios sérvenme de axuda para seguir escribindo.

Un acio de bicos para ti.

Conchi dijo...

Este poema lémbrame a poesía galega tradicional, tanto no fondo coma na forma.
Un xeito moi hábil de dar consellos e ademáis atinados.
Unha aperta compañeiro.

Unknown dijo...

Pois mira ti por onde… o que da os consellos, precisa se cadra, máis de cumprilos, que de darllos aos demais…
Graciñas Conchi por alumar as miñas verbas cos teus comentarios.

Un acio de bicos para ti.