Muñeira

Muñeira
Oleo del pintor Portas Leirado

21 sept. 2009

Onde vai

Quizais ti foras feliz sen unha man,
¿e sen un brazo, tamén serías feliz?
¿e sen corazón, serías feliz sen corazón?
eu non son feliz e sinto que me falta,
que perdín meu corazón polo camiño
e xa non podo vivir sen il,
tal vez son un estúpido que perde o máis prezado,
seguramente non mereza vivir por insensato,
por non saber gardar o máis necesario para a vida,
xa sei que hai máquinas que funcionan coma tales,
que pódenche colocar o dun finado,
pero e o meu, ¿onde vai o meu?
xa nunca porei ser feliz sen o meu corazón.

6 comentarios:

Dilaida dijo...

Bonito pero triste.
Bicos

fonsilleda dijo...

O teu corazón está, seguro, onde ten que estar, no teu peito, latexando, sentindo, soñando, imaxinando e escribindo. Como sempre fixeches desde que che coñezo, e eu alégrome.
Estou encantada de verche, aínda cun poema un pouco desesperanzado.
Un acio de bicos.

Balteu dijo...

Ola Dilaida, benvida as miñas letras, alédome moito de atoparte por aquí e de que che pareza bonito o meu poema.
Moitas grazas pola visita e polo comentario.

Un acio de bicos para ti.

Balteu dijo...

Ola Ana, ese seguro que está, muller, pero teño outro que voou lonxe e prodúceme disfuncións.
Isto é un recomezo e hai que ir a modiño, na procura da luz, xa chegará.
Graciñas por seguir léndome, pola túa ledicia e por poñerme este comentario.

Un acio de bicos para ti.

Maribel-bel dijo...

Podemos vivir ,sí, pódese. O corazón non deixa de ser un membro máis e recoñezo que metafóricamente non influe nin sequera nos sentimentos. Late. Xa é algo.Tí notas que queres menos? Bicos de cores

Balteu dijo...

Moitas grazas pola túa visita Maribel-bel, es benvida a o meu blog, onde espero atoparte máis veces.
Tes razón no que dis, pero as veces, un séntese coma mirrado, coma se che faltara o ar, ti non?

Un acio de bicos para ti.